Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A sorte non acompaña ao balonmán local nos últimos encontros do ano

RR_Noticias

Tanto Sar como Chapela non foron quen de gañar aos seus rivais no último encontro da competición neste 2010. Especialmente dura é a derrota da Peguform ante o Cafés Toscaf xa que mete ao equipo en postos de descenso. Pol súa banda, o partido disputado entre o cinco Jotas e o Paraxe finalizou co resultado de 31-23 o que deixa ao chapela no terceiro posto da táboa

Mal xeito de despedir o ano para a Sar que non foi quen de vencer ao seu rival o Cafés Toscaf, nun encontro disputado na bomboneira. Os erros cometidos polos redondelán no tramo final do partido condenaron ao equipo a unha derrota pola mínima ante os visitantes (23-24) e mete aos locais en postos de descenso, xa que son penúltimos da categoría. O panorama para os redondeláns comeza a complicarse despois dunha tempada onde non lle están a saír as cousas e que lles deixa tan só 5 puntos no seu haber.
Tampouco tivo boa sorte o equipo de Chapela. O cinco Jotas confirmou o seu gran momento de forma ao superar na pista a un dos grandes aspirantes ao ascenso como é o Paraxa Chapela a quen se impuxo de xeito claro, nun encontro que rematou co resultado de 31-23.
A competición regresará á volta do descanso de Nadal. Así, o sábado 16 de Xaneiro a
Peguform SAR, penúltimo equipo da clasificación, enfrontarase co Oar Coruña nun partido que se disputará na bomboneira.
O paraxe Chapela, que pese á derrota desta fin de semana continúa no terceiro posto da táboa e xogará no campo do sétimo, o Calvo Siria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará