Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova feira do Troco especial xoguetes e agasallos

RR_Noticias

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira organiza unha Feira de Troco como alternativa ao consumo desmesurado do Nadal. Será o sábado 18 de decembro a partir das 11:00 nos soportais da Casa do Concello.

Ante a proximidade das festas do Nadal, caracterizadas por un alto grao de consumo, a Asociación de Consumo responsable celebra este sábado unha nova feira de troco, un sistema de intercambio baseado no valor de uso dos obxectos e non no seu valor monetario. Esta nova edición especial xoguetes e agasallos, pretende contribuír tamén a construír un Nadal máis consciente da nosa relación co noso entorno e pode ser unha boa oportunidade para trocar algún xoguete ou agasallo. A iniciativa pretende provocar na cidadanía unha reflexión sobre o modelo habitual de consumo do Nadal. Nesta ocasión os cativos serán os principais protagonistas, xa que a proposta céntrase nos agasallos e xoguetes. Un intercambio de xoguetes do que os nenos gozan de xeito singular. O sistema de troco do sábado é moi sinxelo. As persoa interesadas poden levar aos soportais da Casa do Concello ata catro obxectos aos que non lle dean uso, mais que estean en bo estado. Entre as 11:00 e as 12:30 recolleranse eses obxectos entregándose un vale numerado por cada un deles. Entre as 12:30 e as 13:30 os vales poderanse trocar polos obxectos depositados. Cada vale pode ser trocado por un obxecto. No caso de que dúas ou máis persoas estean interesadas no mesmo darase prioridade á numeración dos vales.

Paulo Jablonski Loaira
Unha feira de troco para reflexionar sobre o consumo no Nadal
Consumo desmesurado de xoguetes
Os rapaces participan da feira interambiando xoguetes que xa non empregan

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará