Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os promotores do Museo de Rande buscan apoios para o proxecto en Patrimonio

RR_Noticias

Desprázanse a Santiago de Compostela para presentar ao director xeral de patrimonio, José Manuel Rei Pichel o anteproxecto de viabilidade do museo etnoarqueolóxico e solicitar que a Consellería pase a formar parte do padroado que xestionaría o futuro centro de interpretación.

O Concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera, o arquitecto Carlos Fálaban o museólogo Xurxo Costenla e o presidente da Asociación cultural de Rande, Juan José Comesaña reúnense á unha do mediodía de hoxe co directo xeral de patrimonio, José manuel Rey Pichel nunha xuntanza que se vai desenvolver en Santiago. Os promotores da iniciativa presentaranlle o anteproxecto para a construcción dun centro de interpretación da batalla de Rande no que foran as instalacións da coñecida como “fábrica do alemán”, unha conserveira actualmente en ruínas. Para a realización do proxecto contouse cunha subvención procedente  do grupo de acción costeira da Consellería do Mar quen aportou 36.000 euros, cantidade económica que foi completada polo concello ata acadar os 45.000 euros. O proxecto de Rande conta co asesoramento do arqueólogo Xurxo Constenla quen asegura que a pretensión é crear na zona un parque histórico cultural que englobaría as ruinas do castelo de Rande, situado xunto a un dos piares da ponte da autoestrada que se uniría ao centro de interpretación da batalla por un sedeiro litoral ata o vello cargadeiro de mineral. Un ambicioso proxecto que conta co apio da Concellería de Cultura, cuxo responsable, Eduardo Reguera explicou tamén que na reunión de hoxe con patrimonio plantexaranlle a posibilidade de recuperar un vello proxecto da Xunta para a posta en valor dos restos arqueolóxicos de Monte Penide

Xurxo Constenla arqueólogo
Un ambicioso proxecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará