Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco arranca tres puntos nun igualado encontro en Espiñedo

RR_Noticias

Arenterio e Choco tiñan case asinado un reparto de puntos nun encontro sen goles, cando os redondeláns conseguían transformar una pena máxima grazas ó goleador Calo. No resto de categorías o balance da xornada foi tamén positivo con varias vitorias, salientando o resultado do Fútbol Sala Redondela, que se impuxo ó líder do grupo, o Pazos.

Preferente Autonómica
Arenteiro 0- 1 Choco
Ao Choco custoulle máis do previsto impoñerse no campo do Arenteiro, un dos pechacancelas do grupo. Segundo o visto no terreo de xogo o máis xusto tería sido un reparto de puntos. Nun encontro sen ocasións claras, os de Julio Álvarez gañaron pola mínima grazas a un gol de penalti que transformou Calo no minuto 63. O Arenteiro tentou o empate nos últimos minutos do encontro, pero tampouco tivo oportunidades para achegarse de xeito efectivo á portería dos redondeláns. A vitoria deixa ó Choco na metade da táboa, 11º, e o próximo domingo recibirá en Santa Mariña ó Lalín, un dos equipos da parte alta da táboa, son 4º.
Primeira Autonómica
Chapela 1- 1 Marcón
O Chapela non foi quen de pasar do empate no seu campo diante do Marcón Atlético. A igualdade marcou o partido, e chegaron ó descanso co marcador de 1-1. Os dous equipos tiveron oportunidades na segunda metade, con dous lanzamentos ó pau por parte do equipo pontevedrés. O Chapela tivo unha ocasión moi clara de gol nos minutos finais do encontro, pero non houbo acerto de cara á portería. Os redondeláns, con este empate, suman 17 puntos e escalan un posto na táboa, son 12º. Na próxima xornada reciben a un dos equipos da parte alta, o R.Vilariño, 5º clasificado.
Rápido de Bouzas 1- 2 Arcade
O Arcade conseguiu sumar tres puntos de ouro no campo dun rival directo, o filial do Rápido de Bouzas, que agora se afunde como pechacancelas do grupo. Os de Soutomaior conseguen así coller aire, pero aínda non é suficiente para saír da parte perigosa da táboa, son 15º. A próxima xornada reciben ó Domaio, da metade da táboa.
Terceira Autonómica
Cesantes 1- 1 Caroi
O Cesantes non conseguiu pasar do empate co Caroi. O reparto de puntos fainos caer ata a 10ª posición da táboa. O próximo domingo terá un partido complicado, xa que visita a casa do líder, o Sampaio.
C.Victoria 1-1 Choco
Os redondeláns conseguiron arrancar un empate nun dos campos máis complicados do grupo, o do segundo clasificado, o C.Victoria. O empate a un gol deixa ó Choco na 10º posición da táboa, a próxima xornada recibe ó Candeán, equipo que está un posto por baixo dos redondeláns.
Pontellas 4-1 Vilar
Os de Vilar manteñen o posto da táboa a pesares da derrota, grazas ó resultado tamén negativo dos seus rivais directos. O Pontellas impúxose con contundencia e goleou ós redondeláns, que o próximo o domingo terán un rival aínda máis duro, xa que reciben ó Oiense, líder sólido do grupo.
Salcedo 2-3 Soutomaior
O Soutomaior escala un posto, ata o 9º da táboa, despois de gañar a domicilio ó Salcedo nun encontro moi disputado e con moitos goles. Na próxima xornada o Soutomaior descansa.
Arcade B 1-3 Pontecaldelas
O filial do Arcade segue na parte baixa da táboa despois desta derrota, son14º.. Na próxima xornada terá ocasión de mellorar a súa situación xa que xoga na casa do pechacancelas, o Presqueiras, que aínda non sumou ningún punto no que levamos de campionato. Os números do filial do Arcade son dobremente mellores que os do seu futuro rival, anotou o dobre de goles que o Presqueiras (10 fronte a 5 do rival) e encaixou a metade de goles ca eles (21 fronte a 42 do pechacancelas).
Nespereira 0-0 Ponteareas
O Nespereira cae ata a 7ª posición do seu grupo despois do reparto de puntos co Ponteareas nun partido sen goles. O próximo domingo xogan no campo do Alerta, un dos equipos da parte baixa da táboa.
 
Fútbol Sala- Autonómica Sur
Redondela 8-6 Pazos
O equipo redondelán conseguir sumar a súa primeira vitoria despois de tres derrotas consecutivas nas que os erros defensivos sentenciaron ó equipo de Manoliño. Nesta ocasión os redondeláns amosaron o seu mellor xogo diante dos afeccionados, e fixérono ademais superando ó líder da súa categoría, O Pazos de Borbén. A vitoria lévaos a escalar ata a 9ª posición da táboa. E na próxima fin de semana mediranse a un rival directo, o Abetos, un posto por debaixo dos redondeláns e que suma un punto menos no que vai de campionato. O partido será o sábado no pavillón de Gondomar ás 18.30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará