Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE presentará unha lista renovada para acadar a maioría absoluta

RR_Noticias

Así o anunciou o candidato socialista Eduardo Reguera, quen polo de agora non quere adiantar nomes concretos aínda que si afirmou que a lista que o PSOE presentará nos próximos comicios electorais de Maio será unha lista “completamente renovada”

Sen desvelar moitos datos Reguera amósase convencido de que a súa proxección pública e política logo de sete anos no goberno local xoga a favor do seu partido, tendo en conta ademais que os seus rivais non teñen tanta presenza xa que o candidato do PP Javier Bas “carece de traxectoria política” e que a cabeza de lista dos nacionalistas Cecilia Pérez Orge “leva tres anos alonxada da política municipal”. Confía plenamente en acadar a maioría absoluta e rexeita comparacións cos comicios celebrados no ano 2007 cando o PSOE perdera parte do seu apoio social “debido en gran parte á campaña promovida polo Voto nulo” así como polo propio desgaste do candidato, Xaime Rei. Afirma que a situación é ben diferente xa que “as eleccións chegan logo dun período de importantes investimentos por parte do PSOE en Redondela”. Respecto de actuacións “impopulares” do seu partido a nivel estatal como a proposta de Fomento de ampliar a autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela, Eduardo Reguera insiste en que dende o “ámbito local o PSOE “sempre rexeitou a ampliación da vía e avogou pro defender a construcción da A-59 que servirá para desconxestionar a autoestrada”. Confía tamén en que as característica propias dunhas eleccións locais “nas que pesa sobre todo o coñecemento directo do candidato, das persoas e da súa traxectoria” compense o desgaste que a nivel estatal está a padecer o partido socialista, tal e como así se reflicte nas enquisas cunha importante caída do apoio social.

Eduardo Reguera candidato do PSOE
Unha lista renovada e un proxecto novo
Vantaxes comparativas con outros candidatos
O actual responsable de cultura confía en que a súa proxección pública sexa unha ventaxe respecto dos seus contrincantes
Peso das infraestruturas
Destaca que o seu partido oponse á ampliación da AP-9
Repercusión da crise
Entende que o carácter diferenciador das eleccións locais evitará a tendencia xeral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará