Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Defensa da enseada solicita que se paralice o almacén de colectores en Rande e Chapela

RR_Noticias

A Plataforma en defensa da enseada San Simón reclama á Autoridade Portuaria a paralización inmediata do concurso de explotación para a explanada de 22.500 metros cadrados no litoral de Rande, xunto o antigo cargadeiro de mineral, así como o espacio e Punta Chapelisa, que pretenden empregar como almacén de colectores.

Dende a presidencia da Plataforma, Antonio Lores, insiste en que a autoridade portuaria “ten previsto ampliar unha parte do Porto de Vigo cara o estreito de Rande a pesar de tratarse dunha enseada afectada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e que polo tanto debería estar especialmente protexida. Entende que a insistencia dos responsables do organismo portuario de seguir adiante cos seus proxectos empresariais no estreito de Rande responde as presións que as empresas xa asentadas no litoral están a exercer sobre o poder político Sobre as consecuencias que un potencial almacén de colectores tería sobre os veciños insisten en que se incrementará o tráfico pesado, a contaminación no mar e o ruído. Lores denuncia unha vez máis que ambas as dúas explanadas fixéronse sen permiso nin do concello e sen expediente público na Autoridade Portuaria e “sen que o proxecto se expuxera a información pública para que os cidadáns puideran presentar alegacións”. Motivo polo que se presentaron senllas denuncias en ambos os dous organismos “sen que esas autoridades fixeran caso algún”.

Antonio Lores Plataforma San Simón
O presidente da plataforma denuncia as intencións da Autoridade Portuaria
Intereses empresariais
O colectivo fala de presións sobre o poder político
Efectos do almacén
Deununcian o ruido e incremento de tráfico que provocaría un almacén de colectores en Rande

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará