Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Solidarízate” promove o voluntariado social na vila

RR_Noticias

A Concellería de servizos sociais e igualdade convida aos veciños a participar do programa no que poden colaborar de deferentes xeito e en función das súas capacidades e disponibilidade. O programa presentarase mañá nun acto musical que terá lugar ás 19:30 horas no Multiusos.

Artellar un espacio no que todos os que así o desexen poidan desenvolver unha actividade solidaria e por outra banda prestar un servizo de apoio e acompañamento aos veciños que o necesiten, son as dúas demandas ás que se lle quere dar resposta coa posta en marcha do programa de voluntariado social “Solidarízate” da Concellería de Servizos Sociais. Un programa que xa comezou a funcionar en Cabeiro pero que pretende ir medrando e sumando voluntarios ata que se converta nun mercado de tempo onde a xente poida intercambiar prestacións. Un programa no que poden participar todos os que o desexen sempre e cando teñan máis de 16 anos de idade. As tarefas a desenvolver polos voluntarios dependeran das capacidades de cada un e poden abarcar o acompañamento a persoas maiores, a axudas aos cativos nas tarefas escolares, visitas a persoas encamadas e un longo etcétera que se irán engadindo conforme se vaian poñendo en contacto os voluntarios coas persoas demandantes. Os interesados en participar poden achegarse ás oficinas de Servizos Sociais para solicitar información ou inscribirse no programa. Mañá, co gallo da celebración o vindeiro domingo día 5 do día mundial do voluntariado, celébrase no Multiusos un acto musical no que ademais das actuación das corais Alvedosa, a coral de Pazos de Borbén e as cantareiras do carballo das cen polas, o persoal de Servizos Sociais e a edil Rosa Costas achegarán aos asistentes información sobre o programa de voluntariado.

Chuas Lago traballadora social
Un programa que quere dar resposta a unha demanda existente na vila
Tarefas e tempos diversos
Os voluntarios poden desenvolver diferentes actividades e adicarlle o tempo que consideren

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará