Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares advirten da posibilidade dun novo enlace de Redondela coa A-59

RR_Noticias

Este trazado sería empregado polo Ministerio de Fomento para conectar a A-59 con Redondela pola zona norte. Dende o goberno local négase que exista ningún documento ao respecto e acusan ao PP de “querer resucitar o debate das variantes” e “crear alarma entre os veciños”

Pleno de trámite o celebrado onte en Redondela. Ausencia de contidos dentro da orde do día que foi compensada parcialmente no tempo de mocións. Así, o debate principal xirou en torno a unha moción presentada polo PP onde o seu voceiro Alberto Pazos advertía da posibilidade de que o Ministeiro de Fomento recupere a alternativa 6 para conectar Redondela coa futura autovía A-59. Os populares aseguraron na súa exposición que veciños da zona do Viso lles trasladaran a súa preocupación logo de que técnicos do ministerio lles advertisen da posibilidade de recuperar dito trazado para o enlace norte de Redondela coa autovía entre Pontevedra e Vigo. Por este motivo, dende a bancada popular solicitábase aos responsables do goberno local que se dirixisen ao ministerio de Fomento para solicitar información sobre ese posible ramal de conexión coa autovía e coñecer si o Ministerio está traballando ou non nese novo trazado. O portavoz do BNG, Carlos Pazos acusou aos populares de “querer crear alarma entre os veciños” e engadiu que sería pouco serio solicitar “algo baseado en rumores” xa que cando o ministerio teña o proxecto “enviará a documentación pertinente ao Concello ou a publicará no BOE tal e como adoitan facer. Pola súa banda, o portavoz do PSOE, Emilio González Iglesias acusou ao populares de “querer reeditar a pantasma das variantes que tan ben lles foi hai catro anos” en referencias ás anteriores eleccións municipais e insistiu en que polo de agora non hai ningún tipo de información sobre cal vai ser o trazado do enlace norte. Comparecencias O momento máis polémico da sesión produciuse con todo na quenda de comparecencias. Eran varias as solicitadas por parte dos populares, quen demandaban que tanto o edil de deportes Carlos González como o de Patrimonio, Eduardo Reguera compareceran ante o pleno para dar conta de aspectos relacionados coa súa xestión ao fronte das respectivas concellerías. Unhas comparecencias que non foron posibles xa que o goberno local votou en contra das mesmas alegando, segundo declaracións do propio alcalde Xaime Rei “a falta de concreción nas solicitudes presentadas polos populares”. A terceira das solicitudes presentada polo PP afectaba á responsable da concellería de Normalización Lingüística e Participación Cidadá, Anxeles Babarro para que dera explicación sobre os recentemente celebrados Consellos Parroquiais de Reboreda e O Viso. Con todo, a edil delegou no voceiro do seu grupo Carlos Pazos por ter que ausentarse en metade da sesión  por asuntos persoais. Un feito que indignou ao PP que retirou a súa petición de comparecencia ante “a espandada da cantante”.

Alberto Pazos PP
Os populares reclamaban opoios para solicitar información a Fomento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará