Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As comunidades de montes rexeitan a A-59

RR_Noticias

Os comuneiros das parroquias de O Viso, Ventosela, Reboreda, Quintela, Saxamonde e Vilar rexeitan rotundamente o trazado da futura autovía A-59 por considerar que vai supor “unha afección definitiva na vida dos veciños, destruíndo a contorna, os mananciais, dividindo as parroquias, eliminando accesos e, en definitiva, cambiando de xeito radical a vida dos veciños tal e como a entenden a día de hoxe nas parroquias afectadas”.

A presidenta da comunidade de montes de Reboreda, Rosa Fernández, insiste en que o rexeitamento a esta infraestrutura conta co “total respaldo dos comuneiros das distintas parroquias” tal e como manifestaran “de maneira firme e clara” nas respectivas asembleas xerais. A decisión de facer público este posicionamento responde ao que califican de “emprego totalmente partidista” do acontecido no Consello parroquial de Reboreda celebrado a finais de outubro. Dende a Presidencia do órgano consultivo fixérase público que o Consello apoiaba a construcción da autovía sen puntualizar que dos once votos emitidos “5 mostraron o seu rexeitamento á A-59 mentres que dous dos seis que apoiaron a construcción da autovía corresponden a persoas que non viven na parroquia” Rosa Fernández insiste en que “é moito máis representativo o acordado na asemblea dos comuneiros cun resultado que non deixa lugar a dúbidas, xa que 128 votaron en contra de vía e 14 a favor que o resultado da votación no Consello parroquial”

Rosa Fernández. presidenta Comunidade de Reboreda
Un rexeitamento á A-59 que comparten as comunidade por onde pasa a vía
Negativa rotunda en Reboreda
128 fronte a 14 comuneiros votaron en contra da A-59

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará