Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tallas de madeira de Moncho Novas no Multiusos

RR_Noticias

A exposición que se poderá visitar ata o vindeiro 15 de decembro reúne unha extensa recompilación de obras do escultor Moncho Novas e o pintor Manuel Boullosa

O escultor natural de Pontesampaio, Moncho Novas traballa a madeira procedente da obra, paus queimados, raíz de eucalipto, madeira de pecios e outros materiais cos que da forma a todo un universo onírico e fantasioso en pezas coma Xana, A danza, Cópula, Pez ou Por que?, unha escultura que denuncia a violencia e a tortura. Aínda que a súa preferida de entre as máis de 20 tallas que se mostran na Xunqueira é a que leva por título “O mundo”, unha peza de gran tamaño e cunhaforma moi especial. Novas explica que a súa afección por tallar a madeira naceu de xeito espontáneo cando era cativo e fixo cun cacho de pao unha pistola de xoguete. Cos anos foi perfeccionando a técnica pero aínda así o primordial é non desvirtuar a forma orixinal da madeira que se traballa. E exposición conta tamén cos cadros de Manuel Boullosa, quen  fai un minucioso e ben documentado percorrido pola nosa arquitectura popular, cunha recompilación de máis de 20 hórreos, da zona da Lama, Meira, Donón, etc, prazas e monumentos, así como capelas e carballos centenarios: o Carballo do Pelete, realizados todos eles en grafito e plumilla.

Moncho Novas escultor
Aproveita a forma orixinal da madeira para idear a figura final
O Mundo
Esa obra de gran tamaño é unha das preferidas do autor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará