Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un “grelos western” en Saxamonde e un drama de Jorge Coira no multiusos para gozar co cine

RR_Noticias

O western “naipe de sangue” do director galego Manxo Fernández poderá verse o sábado no Centro Cultural Chan das Pipas ás 20:00 horas. O domingo ás sete proxectarase no multiusos da Xunqueira o drama “Entre bateas”

A primeira das propostas lévanos ata Saxamonde, parroquia na que arranca mañá sábado o ciclo “Cinema con autor” que pretende cun formato de cinema-coloquio dar a posibilidade á poboación de conversar cos creadores do audiovisual galego ao tempo de ofrecer aos autores a oportunidade de contactar directamente co público. A proxección será ás 20:00 no centro cultural Chan das Pipas coa  primeira metraxe dun novo xénero o Grelos Western. A película que poderán ver os asistentes é “Naipe de sangue” unha historia de vaqueiros solitarios, vinganza e amor protagonizada por Silvia Superestar e Eladio Santos. Os que se acheguen contarán coa posibilidade de conversar cun dos seus directores, Manxo Fernández. E dun ciclo que arranca a outro que se despide, porque a longametraxe Entre Bateas de Jorge Coira é a encargada de clausurar o ciclo “Cinema ás 7… o noso cine nas tardes do domingo” que organiza a Concellería de Normalización Lingüística. A proxección será ás 19:00 horas no Multiusos da Xunqueira, unha película na que se analiza o conflicto que se da na Ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planeadoras e Serxio, un antigo amigo seu que opta pro pasarse ao tráfico de drogas.

Eva García Rei Normalización
Un drama ambientado na ría de Arousa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará