Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR confía nunha vitoria diante do Cisne

RR_Noticias

O equipo de Mingos Dacunha atravesa unha situación complicada despois da derrota en Oviedo. As baixas e as decisións arbitrais prexudicaron ó conxunto redondelán, que buscará unha vitoria diante do Cisne este sábado, un equipo ó que consideran un rival directo.

O Peguform SAR sitúase nunha complicada situación na clasificación da Primeira Nacional do balonmán despois da derrota do pasado sábado en Oviedo. As baixas que acumula o equipo desde o inicio de temporada e as decisións arbitrais están a prexudicar ó equipo de Mingos Dacunha. Nas oito xornadas que levan de liga aínda non puideron disputar ningún encontro con todos os seus efectivos. O calendario tampouco foi favorable ata o de agora para os redondeláns, que recibiron na súa cancha ós equipos máis fortes da liga. Por iso o técnico confía en mellorar os resultados a partires de agora. A incorporación paulatina dos lesionados e a visita á bomboneira de Redondela dos que consideran os seus “rivais directos”, poderá facer que as cousas melloren. O adestrador é optimista, e confía en comezar a cambiar a tendencia de resultados este mesmo sábado, coa visita a Redondela do Cisne. Os dous equipos están nunha situación semellante na táboa e os números son parecidos, ademais xa se enfrontaron na Copa Galicia, con vitoria para os redondeláns. O técnico confía tamén en que o factor cancha sexa decisivo, xa que estarán arroupados pola afección de Redondela, como vén sendo habitual desde que comezou a liga. A cita será o sábado ás 18.30 horas.

Mingos Dacunha adestrador
As baixas están a mermar os resultados do equipo
SAR-Cisne
O técnico confía en acadar unha vioria diante do Cisne

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará