Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un libro recompila a historia de 16 mulleres redondelás

RR_Noticias

Josefa Míguez, Lola “A Jamaica”, Emilia Cabaleiro ou Esmeralda e Rosario Cal son tan só algunhas das mulleres cuxa historia está recompilada nun libro que edita a Concellería de Igualdade e que será presentado este venres ás 19:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O obxectivo é homenaxear ás mulleres que loitaron polas liberdades e evitar que a súa historia caia no esquecemento.

O obxectivo deste libro que leva por título “Mulleres redondelás” é homenaxear ás mulleres máis significativas da historia de Redondela e evitar que as súas vidas queden no esquecemento. Activistas políticas, mestras, xornalistas, modistas, patroas de barco, dentistas… algunhas tan coñecidas como Ernestina Otero, outras menos recoñecidas e moitas anónimas como as mariscadoras ou as practicantes solidarias, pero todas elas cun papel importante na época que lle tocou vivir. Rosa Costas, concelleira de igualdade explica que para facer reste traballo partiron de iniciativas anteriores como as desenvolvidas no seu día pola Asociación de Mulleres Xanela que agora se ven ampliadas con este traballo de marcado carácter didáctico e que a partir de Xaneiro será repartido nos colexios, bibliotecas e centros culturais do Concello. A publicación divídese en varios capítulos nos que se vai lembrando a cada unha das mulleres protagonistas e se destacan diversos feitos a nivel local no que as actrices protagonistas foron as mulleres redondelás. Detrás de cada historia hai ademais unha importante labor de investigación a través sobre todo de conversas cos familiares das homenaxeadas no texto. O libro presentarase o venres nun acto que vai ter lugar no Multiusos da Xunqueira e que contará coa introducción da escritora Marta Dacosta e cun concerto a cargo de Alberto vilas Quintet.

Rosa Costas edil Igualdade
Unha pequena homenaxe ás mulleres que loitaron pola liberdade
Traballo de investigación
Para facer o libro foi necesario recompilar información sobre todo entre os familiares
Acto do venres
Música e presenza da escritora Marta Dacosa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará