Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Cabanas solicitan bandas sonoras que obriguen ós coches a reducir a velocidade

RR_Noticias

A situación do tráfico na zona de Cabanas e Rande mudou nos últimos meses coa posta en marcha da rotonda na saída da autoestrada AP-9. Con todo, os veciños denuncian que despois da glorieta os condutores non respectan os límites de velocidade, polo que sería preciso a instalación de bandas sonoras. Ademais denuncian que Fomento non accedese a instalar outro semáforo para peóns na zona de Rande, e anuncian que continuarán coas demandas.

Despois de meses de atrasos, este pasado verán comezou a funcionar a rotonda de Cabanas, na N-552 logo. A obra, cuxo orzamento ascendeu a 643.000 euros, incluíu a instalacións de semáforos cun paso de peóns, unha antiga demanda veciñal para unha estrada cunha elevada densidade de tráfico. Grazas á glorieta os condutores que desexan dirixirse a Chapela unha vez saen da autoestrada AP-9 poden facer o cambio de sentido. Moitos veciños, como Avelino, sinalan que a instalación da rotonda é “moi positiva”, xa que “mellora a circulación na zona”. Outro dos beneficios que apunta coa instalación da glorieta é que os vehículos “vense obrigados a reducir a velocidade”. Pero os residentes da zona critican a actitude dos condutores, que unha vez pasado o semáforo, elevan a velocidade, e non respectan o límite establecido entre 40 e 50 quilómetros por hora, e en moitos casos os coches “duplican” esa velocidade. Isto supón un perigo para os veciños que se ven obrigados a cruzar a estrada. Por iso demandan a instalación de dispositivos “que obriguen a reducir a velocidade”, como badéns ou bandas sonoras, xa que sería “a única maneira de que os condutores cumpran cos límites”.Por outra banda hai veciños que apuntan o perigo que supón a nova rotonda para os peóns que teñen que desprazarse a pé desde Cabanas ata Chapela, por exemplo para coller o autobús. Facer este traxecto é “un deporte de risco”, xa que non hai beirarrúas nin pasos para cruzar esa gran glorieta. No que si coinciden todos é na necesidade de instalar máis pasos de peóns na estrada nacional, xa que ata Redondela non hai ningún outro lugar habilitado para cruzar. O máis urxente sería na zona da Murada, onde teñen a parada moitos autobuses escolares. Os veciños esixen que se instalen dous semáforos máis, tal como reclama a Asociación de Veciños de Cedeira desde hai anos. A xustificación de Fomento, que alega que máis semáforos suporían un problema para o tráfico non convence ós veciños. Aseguran que agora, co semáforo de Cabanas, “non se rexistran retencións”. Por iso, do mesmo xeito que existen semáforos con pasos de peóns en Chapela ou Teis, seguirán a demandar outros dous para Cedeira.

Instalación de bandas sonoras
Veciños como Avelino e Claudio entenden que é o único xeito de que os coches respecten os límites de velocidade.
Máis pasos de peóns
Carlos lamenta que non haxa ningún outro punto habilitado para cruzar a N-552.
Perigo na rotonda
Herminda explica o risco que corren os peóns que atravesan a pé a rotonda para desprazarse de Cabanas a Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará