Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Celebración do Samain en Redondela e Soutomaior

RR_Noticias

Un carpa instalada na Alameda protexerá das incremencias meteorolóxicas a todos os asistentes as actividades que organiza Xoeira co gallo do samaín. Haberá obradoiros para os cativos, magosto, un serán popular e queimada nunha festa aberta a todos os veciños

A asociación Xoeira organiza, en colaboración coa Asociación Cultural do Viso, Asubíos de Portocedeira e Millo Verde,  o domingo 31 de outubro na Alameda a IV edición da Festa do Samaín. A festa dará comezo ás 17.00 horas coa posta en marcha de diferentes obradoiros para nenos e nenas (caracterización, cabazas e broches) e xogos populares. A partir das 19.00 horas haberá un magosto e xa as 21.00 horas dará comezo o serán, con preparación e degustación de queimada. O obxectivo desta celebración é dar a coñecer ós veciños a festividade do Samaín cómo festa tradicional e cultural, recuperándoa do esquecemento. Dende a organización fan un chamamento aos veciños para que non se desanimen ante o mal tempo xa que todas as actividades vanse desenvolver baixo unha carpa que se instalará na Alameda. Por outra banda en Soutomaior as actividades en torno a esta data vanse desenvolver mañá sábado. Durante a mañá haberá un curso de elaboración de chulas e biscoitos de cabaza e xa pola tarde os obradoiros centraranse na elaboración de cabazas e un taller de maquillaxes. De seis a oito da tarde os que se acheguen poderán tamén pasar medo na “casa do terror”. As actividades están previstas que se realicen no Castelo aínda que o mal tempo podería obrigar ao seu traslado ao pavillón da Montesiña.

Mirian Lamas Xoeira
As actividades para os cativos arrincarán ás cinco da tarde
Sonia Pintos OMIX Soutomaior
Se o tempo o permite o samaín celebrarase no castelo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará