Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unhas xornadas analizan en Saramagoso a violencia de xénero

RR_Noticias

A actividade, orgnaizada pola asoicación de veciños do barrio de Saramagoso no Viso, contará coa presenza de avogados, psicólogos e membros das forzas de seguridade para analizar a atención ás vítimas da violencia de xénero dende un punto de vista global. A xornada arranca hoxe venres ás 17:00 horas.

O local social de Saramagoso na parroquia de O Viso acolle na tarde de hoxe e mañá sábado as primeiras Xornadas de muller onde se analizará dende un punto de vista xurídico todos os pasos que se teñen que seguir nunha situación de maltrato xa sexa como vítima ou como persoa próxima a unha muller nesa situación. As xornadas arrancarán hoxe as 17:00 horas e participarán entre outros as avogadas Carmen Villanueva e Iria Vidal, o fiscal Fernando Rúa, a psicóloga Ana Lojo e a axente da policía local, Berta Novas, membro da Unidade de atención ás vítimas de violencia de xénero da policía de Marín. Todas as persoas asistentes poderán ademais participar nos obradoiros psicolóxicos nos que se abordarán técnicas para previr conflictos de parella, a mediación familiar e a relación existente entre o abuso emocional e a saúde. A actividade está organizada pola Asociación de veciños do barrio de Saramagoso e conta coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela.

Iria Vidal letrada
Unha xornadas para abordar a violencia de xénero
Obradoiros
os asistentes poderán participar en diferentes obradoiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará