Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Árbores caídas e vivendas sen subministro eléctrico principais efectos do temporal

RR_Noticias

Primeiro temporal do outono que deixou en Redondela e en toda a comarca multitude de incidencias, aínda que sen repercusións de gravidade. Temos que falar sobre todo de árbores caídas en diferentes parroquias do municipio, postes de luz e teléfono que se viron afectados e colectores que por mor dos fortes refachos de vento se moveron ao medio da estrada polo que foi necesaria a intervención dos axentes da policía local e de protección civil para restablecer o tráfico rodado nalgúns dos casos.

Con todo quizais o incidente de maior gravidade producíase en Cesantes, onde o vento provocaba o desprendemento dun toldo nunha casa de compra venta de coches situada no Alto Dos Tras. O toldo caiu enriba dos vehículos provocando algúns desperfectos de escasa consideración.
En cantos ás árbores caídas, segundo información da policía local, repetíronse en practicamente todas as parroquias e nalgúns casos afectaron ao tendido eléctrico provocando que algúns domicilios se quedaran sen luz e noutros casos afectando ao alumeado público. Así estes incidentes atopámolos durante a tarde de onte no Alto dos Valos en dirección Vilar, na N-550 en Cesantes, na parroquia do Viso á altura do establecemento Casa Catalina, en Quintela, no lugar de O Picoto en Chapela e en Cedeira onde unha árbore caía detrás da Igrexa.
Eses foron os efectos un temporal que descargou nalgúns puntos da provincia ata 200 litros por metro cadrado. De feito, a Dirección xeral de emerxencias tivo que decretar a alerta vermella a causa das fortes precipitacións e refachos de vento que afectaron á provincia de Pontevedra e Ourense principalmente.
Os problemas detectados no noso concello repetíronse de feito no resto das localidades da provincia aínda que xa de cara á noitiña se recuperaba a normalidade que será o máis destacado para hoxe no aspecto meteorolóxico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará