Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Na procura dunha vellez feliz

RR_Noticias

A concellaría de Servizos Sociais celebra esta tarde unha charla co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores. Baixo o título “Na procura da calidade de vida: o mellor de ser maior” darase un enfoque positivo á situación dos maiores e daranse a coñecer os servizos ó seu alcance en Redondela. A cita é as 18.00 horas no Multiusos da Xunqueira.

A psicóloga Mónica Calvo e a traballadora social María Jesús Lago serán as encargadas de ofrecer ós maiores de Redondela unha charla co gallo de Día Internacional das Persoas Maiores. A conferencia ten dous obxectivos, por unha banda dar un enfoque “positivo” á situación vital dos maiores, deixando de lado esas visións negativas que falan da terceira idade centrándose en “enfermidades e soidade”, segundo explica Mónica Calvo. Por outra banda a charla desta tarde busca dar a coñecer ós maiores os servizos que teñen ó seu alcance para facer posible un maior desenvolvemento persoal e social. Para Mónica Calvo actividades como os obradoiros de memoria, risoterapia, ou calquera outra actividade son “fundamentais” para unha vellez feliz. Segundo esta experta o máis importante é “manterse activo”, seguindo os gustos e as necesidades de cada persoa. En canto ó título da charla, Calvo asegura que “o mellor de ser maior é o tempo”, un tempo que poden dedicar ós seus familiares e amigos, e tamén a eles mesmos. A cita é no Multiusos da Xunqueira ás 18.00 horas.  

Mónica Calvo psicóloga
Para unha fellez feliz é importante manterse activos
O mellor: o tempo
Os maiores deben aproveitar o tempo do que dispoñen para disfrutalo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará