Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proyecta, Actividades Profesionales S.L, encargada de mellorar a condución de auga en Chapela

RR_Noticias

Dez mil habitantes beneficiaranse desta mellora que contará cun orzamento de 261.711,31 euros e cun prazo de execución máximo de catro meses.

A Deputación de Pontevedra acordou hoxe adxudicar de xeito definitivo o obra de mellora da condución de auga en Chapela á empresa Proyecta, Actividades Profesionales de la Construcción S.L. O proxecto seleccionado requirirá un orzamento de 261.711,31 euros e será executado nun prazo máximo de 4 meses. As melloras que se acometerán están valoradas en preto de 40.000 euros e o 5,05% do presuposto de execución material irá destinado ó control de calidade.
A obra consistirá na substitución de 1.181 metros da vella condución de fibrocemento, dende o depósito regulador de Chapela até o centro urbano, por unha tubaxe de fundición do mesmo diámetro. Tamén se cambiará a toma dende o río Folón até o depósito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará