Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clases de música, baile e manualidades na Asociación Cultural de Chapela

RR_Noticias

Este venres arrancan as actividades da Escola de Música, cun Xardín Musical para nenos desde os 3 anos. Tamén se imparte Linguaxe Musical e outras actividades de baile e música tradicional galega, baile moderno e pintura, entre outras.

Hai case 20 anos que botou a andar a Asociación Cultural e Social de Chapela e, desde aquela, non deixaron de ampliar as súas actividades. O seu buque insignia é a Banda de Música de Chapela, que se nutre dos alumnos da súa Escola de Música, unha verdadeira “canteira” de instrumentistas, como explica a súa directora, Begoña Rial. E para introducir nos máis pequenos a paixón pola música, agora imparten aulas de Xardín Musical, nas que poden participar nenos desde os 3 anos. A través de xogos, cantigas e contos musicais os máis cativos familiarízanse coa música. Para os maiores, desde os 6 anos, contan con clases de Linguaxe Musical, nas que entran en contacto cos diferentes instrumentos. A asociación conta ademais cunha Banda Infantil na que os rapaces pasan a integrarse como paso previo a formar parte de Banda de Música de Chapela. Outras actividades A música centra as actividades desta asociación, e relacionadas con ela impártense outras aulas, como baile moderno ou música e baile tradicional galego. Pero tamén ofertan outras actividades lúdicas para público de todas as idades, como clases de pintura e manualidades. Este venres, 1 de outubro, será a presentación das actividades deste curso 2010-2011. A cita é no Multiusos do Piñeiral do Crego, ás 17.00 horas.

Begoña Rial directora
Os nenos poden comezar a familiarizarse coa música desde os 3 anos.
Outras actividades
Ademais da música a asociación organiza clases de baile e manualidades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará