Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG chama ós redondeláns a sumarse á folga

RR_Noticias

A dous dias da convocatoria de folga xeral convocada polos sindicatos, o BNG fai un chamamento ós veciños de Redondela a que se sumen masivamente. A agrupación nacionalista entende que no actual panorama de “de máxima inflexión de crise económica” cómpre tomar conciencia da necesidade de saír á rúa “para presionar” ao goberno da Xunta e do Estado.
 

O BNG de Redondela convoca ós veciños a secundar a xornada de folga convocada para o mércores, 29 de setembro. Desde o Bloque salientan que a actuación situación de crise estase a sufrir en Galicia “principalmente nas pequenas e medianas empresas, no comercio e nas masas asalariadas”. Xoán Carlos González, responsable local do BNG, afirma que unha situación “creada polos sectores especulativos” non poden pagala “os de sempre” coas medidas “antisociais e regresivas” do goberno central, que están “na dirección oposta” das que deberían beneficiar ao conxunto da sociedade. Nos últimos días o BNG de Redondela distribuíu tamén material informativo en diversas empresas do municipio para que os traballadores se sumen á Folga. Na mesma liña o grupo municipal nacionalista presentará unha moción na sesión plenaria que se celebra mañá martes, ás 20.30 horas, na que se insta ao goberno do PSOE a frear as súas “políticas antisociais”, apostando “por un novo modelo” económico e social.
O BNG empraza tamén ó comercio redondelán a parar o mércores 29, xa que este sector “é un dos máis afectados” na crise. O chamamento é, segundo González Campo, “para a toda a veciñanza” á que instan “a parar” o mércores. Tamén animan ós veciños a participar na manifestación convocada pola central nacionalista CIG en Vigo, que sairá o día 29 desde o cruce da Doblada con Urzáiz, ás 12.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará