Hoxe é Martes 9 de Marzo de 2021

Caen os equipos locais de balonmán

RR_Noticias

 
A Sar non puido gañar o primeiro partido da tempada na casa. Perdía por dous puntos de diferenza fronte ao Balonmán Lalín. Igual sorte correu o Paraxes Construcións na súa visita á comarca da Louriña onde perdeu por 35 a 31 co Porriño.

Peguform SAR-Balonmán Lalín (27-29). A Sar non puido inaugurar oficialmente a tempada na Bomboneira de Redondela dándolle unha vitoria aos seus seareiros. Malia que o partido estivo moi igualado e a Sar fixo un bo xogo nos últimos vinte minutos relaxáronse, unha oportunidade que os lalinenses non desaproveitaron para adiantarse no marcador. Os visitantes recoñecían que fora un partido complicado e o adestrador do Lalín, Alberto Miguélez aseguraba que serán poucos os que esta tempada se leven unha vitoria da bomboneira de Redondela. Co marcador a 27-29 os redondeláns son décimos e a próxima semana viaxarán até Zamora, onde se medirán cun dos seus rivais directos, tan só un posto por baixo dos locais. O partido disputarase no Polideportivo Manuel Camba a partir das 18.00 horas.
Porriño-Paraxe (35-31) Os xogadores do Porriño impuxéronse sen dificultade dende o primeiro minuto. Durante a primeira parte foron por diante no marcador aínda que os de Chapela conseguían rematar o primeiro tempo cun empate a dezaseis e malia que nalgún momento estiveron por diante no marcador os da Louriña nos últimos minutos aumentaría a vantaxe até os catro tantos. O partido remataba cun marcador de 35 a 31 que sitúa ao Paraxe Construcións sexto de grupo. Unha clasificación que podería mellorar a próxima semana xa que recibirán na Bomboneira de Chapela ao Base Oviedo o penúltimo do grupo. O partido disputarase o sábado ás 18.30 horas.  
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *