Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empregados de Elgasa concéntranse na fábrica en protesta pola falta de pagamento das nóminas

RR_Noticias

A empresa, situada no polígono de Amoedo, débelles os seus 67 traballadores os salarios de xullo e agosto, ademais dunha parte da paga extra de verán. O sindicato UXT teme que a situación os leve a un ERE ou que a firma entre en concurso de acredores.

Os traballadores da empresa Elaborados Galegos SA (Elgasa), situada no polígono industrial de Amoedo, en Pazos de Borbén, realizaron onte pola mañá unha concentración ante as instalacións da fábrica para protestar pola falta de pagamento das súas nóminas. Segundo informou o sindicato UXT, a empresa debe os soldos de xullo e agosto aos seus 67 empregados, ademais dunha parte da paga extra de verán. Os atrasos nas nóminas é unha situación que arrastra a compañía desde novembro do pasado ano debido a un descenso da actividade pola actual situación de crise. Ante esta situación, os traballadores convocaron unha folga para os próximos días 7 e 21 de outubro e 4 e 25 de novembro. Desde UXT temen que a situación desemboque nun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de extinción para o total dos traballadores ou que a empresa entre en concurso de acredores.
A empresa Elgasa, unha das máis importantes do municipio de Pazos, dedícase ao sector do peixe, tanto fresco como conxelado. As súas instalacións dispoñen dunha sala de elaboración de 3.000 m2 e unha capacidade de almacenaxe en frío de 30.000 m3

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará