Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE de Soutomaior denuncia que en Arcade existen vivendas sen licenza de ocupación

RR_Noticias

A polémica entre populares e socialistas polo urbanismo do municipio semella non rematar. Desde o PSOE critican a actitude do goberno local, e amosan a súa preocupación polas sentenzas do Tribunal Superior que anulan licenzas e ordenan derrubes de obras feitas no Concello.

O urbanismo de Soutomaior, sobre todo na zona de Arcade, segue a centrar a polémica entre populares e socialistas do municipio. Desde o PSOE denuncian que moitas vivendas carecen de licenza de ocupación, e amosan a súa preocupación polas sentenzas do Tribunal Superior que anulan algunhas das licenzas e ordenan derrubes de obras feitas no Concello. E sosteñen que nos próximos meses daranse a coñecer máis casos que causarán prexuízos ós promotores e ós veciños que mercaron as vivendas nos edificios agora cuestionados polos tribunais. O portavoz socialista, Antonio Fonterosa, lamenta que durante anos o goberno local permitise a construción de vivendas que non cumprían coas licenzas concedidas. Desde o PSOE critican que agora o alcalde, Agustín Reguera, se manifeste “como o garante da legalidade urbanística” cando durante anos amparou “o desastroso desenvolvemento urbano” de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará