Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sobe o pano do teatro nas parroquias

RR_Noticias

Desde a organización dos cursos que comezan en Chapela, Ventosela, Negros e Vilar animan á xente de todas as idades a achegarse ás aulas de teatro. Chusa Couñago, encargada de impartir as aulas, amósase moi satisfeita co resultado da actividade, organizada polas concellarías de Participación Cidadá e Normalización Lingüística.

Fomenta o traballo en equipo, mellora a autoestima e favorece as relacións persoais dun xeito lúdico e creativo. Falamos do teatro, que un ano máis chega a diferentes parroquias de Redondela da man de Chusa Couñago. A mestra, con 20 anos de experiencia teatral, salienta que a inciativa das concellarías de Participación Cidadá e Normalización Lingüística é “moi positiva”. O feito de levar estes obradoiros ás parroquias permite ós veciños participar en actividades culturais, xa que para moitos sería difícil desprazarse ó centro da vila e participar da súa programación. Couñago anima a veciños e veciñas de todas as idades a achegarse a estes obradoiros, para coñecer de primeira man como funcionan, xa que a participación está aberta “a todo o mundo”.Unha vez rematado o curso, no mes de xuño, as obras de teatro dos diferentes grupos represéntanse en distintas parroquias, xa que se inclúen na Programación Cultural de Intercambio Parroquial.Os cursos comezan este mes e o prazo de inscrición está aberto, tanto para os nenos como para os adultos. Hoxe xoves desprázanse a Ventosela, na Asociación Cultural A Miñoteira, onde se desenvolve a aula de teatro infantil de 16.00 a 18.00 horas. Os venres é a quenda de San Estevo de Negros e Vilar de Infesta. No Centro Cultural de Negros estarán na aula infantil de 18.15 a 20.15, no Centro Cultural de Vilar celébrase o curso para adultos de 20.30 a 22.30. O luns estarán en Chapela, no Multiusos do Piñeiral, en horario de 20.30 a 22.30 para adultos. Os interesados en participar poden informarse e inscribirse nestes mesmos horarios.

Chusa Couñago mestra de teatro
Couñago considera moi positivo que estas iniiativas se acheguen ás parroquias
Curso aberto á participación
A mestra anima "a todo o mundo" a coñecer esta actividade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará