Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco acusa as baixas e empata co Hío

RR_Noticias

Os choqueiros non foron quen de vencer na súa visita ao campo do Cruceiro de Hío no partido inaugural da tempada en rexional preferente. O encontro resolveuse cun empate a ceros e polo tanto con reparto de puntos nun partido con falta de ritmo por parte dos dous equipos.

O club redondelán acusou a falta de varios dos seus xogadores que se atopan de baixa por lesión. De feito, dende a directiva Candido Mirou xa avanzaba que o arranque da tempada ía ser difícil para o equipo por non poder contar con seis dos futbolistas que este ano forman parte do vestiario. Un inicio de tempada marcado tamén para o Choco pola decepción de ter que renunciar ao soño do ascenso a Terceira división. As súas demandas para ocupar a praza vacante nesa categoría logo do descenso administrativo do Compostela, non foron escoitadas pola Federación, quen optou por deixar a categoría con tan so 19 equipos antes de permitir o ascenso do Choco a quen lle esixían o pago de 216.000 euros para poder incorporarse a Terceira. O club non renuncia á xustiza deportiva e de feito ten a intención de recorrer todo o proceso vivido este verán ante a xustiza. Con todo afrontan a campaña cun equipo reforzado para tratar de lograr o ascenso A pasada tempada o Choco estivo como líder durante moitas xornadas pero se lles escapou o ascenso no último encontro cando caeu ante o Arousa.

Ascenso a Terceira
Este ano non puido ser pero o equipo conta con xogadores para subir de categoría
Cándido MIrou presidente do Choco
Un inicio de tempada difícil polas numerosas baixas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará