Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos colectores para a reciclaxe de produtos contaminantes de uso doméstico

RR_Noticias

Os depósitos, instalados na Praza de Santiago e nas rúas Ribeira, Ernestina Otero e Casto Sampedro recollen CDs, pilas, tóner de impresoras e bombillas. Os dispositivos de reciclaxe compleméntanse con paneis informativos que perseguen a concienciación dos veciños na reciclaxe destes elementos contaminantes

A Concellaría de Medio Ambiente pon en marcha un novo sistema para facilitar a reciclaxe de elementos contaminantes.
Este sistema inclúe uns depósitos con paneis informativos, que teñen un dobre obxectivo: por un lado, potenciar a sensibilización medio ambiental coa reciclaxe de produtos contaminantes de uso doméstico como CDs, pilas (alcalinas, salinas e de botón), tóner de impresoras e bombillas. Por outro lado, buscan achegar e dinamizar a información municipal, facilitando á cidadanía a información de xeito diferenciado e atractivo.
Algúns destes dispositivos xa están instalados no centro da vila redondelá (Praza de Santiago Apóstolo e nas rúas Ribeira, Ernestina Otero e Casto Sampedro), e en vindeiras datas continuarán coa instalación noutros puntos do municipio.
Este programa de recollida de elementos contaminantes de uso doméstico é posible grazas a un convenio de colaboración asinado entre o Concello de Redondela e máis a empresa Gestión de Mecenazgo, que se encarga da súa instalación, mantemento e recollida dos residuos.
A Concellaría de Medio Ambiente lembra que para a destrución dos datos dos CDs, existen nos Multiusos do Piñeiral en Chapela e Redondela unhas destrutoras destinadas a tal fin, para garantir a completa seguridade das persoas usuarias do sistema de reciclaxe e evitar a difusión de datos confidenciais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará