Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “Maketón” porá a música no Entroido de verán

RR_Noticias

No concerto que comezará ás 20:00 horas na Praza da Casa da Torre actuarán a cantante de rap Seilaesencia, o cantautor ourensán Yomelo Montosolo e o grupo vigués pop Alfeizar.  

O concelleiro de Cultura, Esduardo Reguera estima que serán ao redor de 15.000 as persoas que se acheguen mañá a Redondela co gallo da 13ª edición do Entroido de verán. Nesta edición a música correrá a cargo do concerto de inicio da xira do “Maketón Éstrella Galicia 2010” que contará coa actuación da rapeira Seilaesencia, o cantautor ourensán Yomelo Montosolo e o grupo vigués pop Alfeizar. Será ás 20:00 hroas na praza da Casa da Torre. Tamén haberá música na praza de Santiago cunha discoteca móbil que instalará no lugar a discoteca La Fábrica, mentres que os más pequenos gozarán de diferentes obradoiros a partir das 17:00 horas na praza da Constitución, con talleres de maquillaxe, máscaras, globoflexia e disfraces así como unha actuación dos pallasos Lila e Lolo a partir das oito. As rúas do centro da vila quedarán pechadas ao tráfico e habiltaranse aparcamentos no anexo do campo de fútbol de Santa mariña. Ademais a praza de Ribadavia acollerá un touro mecánico e un ring de boxeo como parte da oferta dos locais de hostalaría que asumen a organización

Eduardo Reguera edil de cultura
Unha discoteca mobil e actividades para os cativos
Actuacións musicais
Música divertida para a cita veraniega
15.000 persoas
As previsións de participación son optimistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará