Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP demanda que a liña do Vitrasa amplíe o seu percorrido ata a nova rotonda de Rande

RR_Noticias

A moción, presentada polos populares no pleno celebrado na mañá de hoxe, foi rexeitada cos votos en contra do goberno local por non existir un lugar axeitado para instalar as paradas e porque esa medida entraría en colisión coas empresas que actualmente realizan o trasporte de pasaxeiros de Redondela a Vigo.

A moción presentada polos populares e na que demandaban que a liña circular do C3 que comunica a cidade de Vigo con Chapela ampliase o seu percorrido ata a nova rotonda de Rande na saída da AP-9 non contou co respaldo dos grupos do goberno local. Dende o PP propúxose solicitar á empresa Vitrasa que a liña que actualmente chega ata o Alto da Encarnación, lugar no que da a volta para dirixirse novamente cara Vigo, ampliase o seu percorrido ata a nova rotonda na saída da autoestrada para facilitar así aos veciños de Cabanas que accedesen a este transporte público. Dende o BNG argumentábase o seu voto en contra por colidir esta solicitude coas empresas que actualmente realizan o transporte de pasaxeiros entre Vigo e Redondela (autos González e CASTROMIL) e por non existir na nova rotonda nin nas súas inmediacións un lugar axeitado para instalar as paradas do autobús. Uns argumentos que compartiron no PSOE quen engadiron ademais que non se trata dunha competencia do goberno local, xa que é a Xunta quen controla o servizo de trasporte de pasaxeiros.

Alberto Pazos PP
O edil popular propón a ampliación da liña C3
Carlos Pazos BNG
O nacionalista explica os motivos polos que non poden apoiar a proposta do PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará