Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Suso Vaamonde na praia de Arealonga

RR_Noticias

A música segue a ser a gran a protagonista das Noites Máxicas cun concerto en homenaxe ao cantautor galego Suso Vaamonde no areal de Chapela o sábado ás 22:00 horas. Hoxe celebrarase unha mostra folclórica coa presenza dos grupos Flores Mareliñas, Casa de Andalucía e Mercé de Chaira  

Logo da xornada de baile que se vivía o mércores en Redondela cun total de 300 danzantes procedentes das agrupacións de baile galego de distintas parroquias do municipio, as actuación das Noites Máxicas desprázanse agora a Chapela. Así, hoxe venres vivirase unha nova xornada de baile folclórico na praia de Arealonga cos grupos Flores Mareliñas, Casa de Andalucía e o grupo folclórico Mercé de Chaira de Tui. Actuarán a partir das 22:00 horas no areal de Chapela. E xa o sábado a protagonistas será a música na homenaxe que diferentes intérpretes lle farán a Suso Vaamonde, cantautor con moitos vínculos en Chapela e que nos deixaba hai xa dez anos. Tamén en Arealonga será este concerto onde se escoitará a Anxo Angueira, Marcos Campos, Tino Vaz ou Leo de Matamá entre outros.

Eduardo Reguera edil de cultura
A música estará presente no fesival de mañá en homenaxe a Suso Vaamonde
O Cuco
Un dos temas máis coñecidos do cantautor homenaxeado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará