Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños elevan a 200 o número de propietarios afectados en Chapela pola ampliación da AP-9

RR_Noticias

Aseguran que as 30 expropiacións que veñen recollidas no BOE de onte martes afectan principalmente a parcelas ubicadas na zona de Cabanas e Rande, mentres que non se recollen as propiedades que se verán afectadas no tramo final de Chapela. Acusan a Fomento de lanzar globos sonda para desmobilizar aos veciños.

No anuncio publicado Fomento sobre a aprobación inicial do proxecto de construcción da ampliación da autoestrada entre Cangas e o enlace con Teis, recóllese unha relación dun total de 30 propiedades a expropiar polo Ministerio cunha superficie conxunta de 4.600 metros cadrados. Na lista hai trece parcelas de solo residencial, unha industrial propiedade da empresa Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. e o resto parcelas para cultivo ou mato. Os afectados teñen agora de prazo un total de 30 días para presentar alegacións antes de que se aprobe o trazado de xeito definitivo. A asociación de afectados asegura que a maior parte das expropiación recollidas no documento de Fomento atópanse en Cabanas e Rande mentres que non se recollen as propiedades que se verán afectadas no tramo final de Chapela. Engaden que segundo as súas estimacións hai uns 200 propietarios afectados directamente, xa que ademais dos que se quedarán sen casa ou sen a súa propiedade expropiada polo Ministerio, en peor situación quedan aqueles que residen a menos de 100 metros na zona de Ríofrío ou a menos de 50 metros no resto do tramo urbano de chapela quen verán desvalorizado o prezo das súas propiedades e terán dificultades á hora de realizar calquera tipo de actuacións nas súas vivendas. A asociación que está a abandeirar as protestas contra a ampliación desta vía acusa ao Goberno de lanzar globos sonda para desmobilizar aos veciños e reiteran que van continuar coas protestas nas rúas e coa vía xudicial, coa presentación dun contencioso administrativo para reclamar que o proxecto de ampliación se someta a estudo de impacto ambiental.

Roberto Villar asociación afectados AP-9
As afeccións son moito maiores do que afirma o Ministerio
Globo sonda
Entenden que Fomento está intentando desmobilizar aos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará