Os feitos producíronse na madrugada do domingo, cando o Volkswagen Golf que conducía Roberto M.R. de 24 anos de idade se precipitou dende as inmediacións da ponte peonil da antiga Casa Cuartel para quedar envorcado sobre o seu teito no medio do “scalextric”.
O accidente producíase ás 4.45 horas de onte domingo e nas labores de rescate tiveron que intervir os axentes do Grumir, xa que a moza Raquel F.M. de 18 anos de idade quedara atrapada no interior do turismo e tivo que ser excarcerada. Pola súa banda o condutor puido saír polo seu propio pe do vehículo. Ambos os dous foron trasladaron ao Hospital Xeral en Vigo onde ingresaron de urxencia con pronóstico grave. O mozo presenta fracturas costais e a moza unha luxación na clavícula. Ambos os dous sufriron ademais laceracións no fígado e presentan múltiples contusións.
As vítimas caeron dende unha altura de 15 metros pro causas que aínda están por aclarar e aínda que foi necesario cortar a estrada N-550 e desprazar o tráfico que se dirixía cara Pontevedra por detrás do concello non se produciron retencións ante a escasa circulación de vehículos que había de madrugada.