Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O avogado Rodríguez Feixóo cualifica de “kafkiano” que se teña que premiar o uso do propio idioma

RR_Noticias

Entende que nun país normalizado non deberían existir uns galardóns que premian o uso do idioma do país. O avogado é socio fundador do bufete Avogados Lugo S.C.P. que esta tarde recibirán os premios que concede a Fundación Lois Peña Novo ás entidades e particulares que promoven o uso do galego  

O castelo de Soutomaior acolle na tarde de hoxe a partir das 20:00 horas a entrega dos premios da Fundación Lois Peña novo. Nesta XVI edición recoñécese a política linguïstica do Concello de Burela así como a actividade realizada nas instancias xudiciais polo bufete de Avogados Lugo S.C.P. Un dos socios fundadores do bufete, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo agradecía a concesión un premio que definía como “Kafkiano por premiar a aquelas institución e particulares que usan o idioma propio do país” algo que non pasa en ningún lugar do mundo e que ao seu entender non pasarían en Galicia de estar o uso da lingua propia normalizado. A fundación recoñece tamén as achegas do filólogo e investigador Ramón Lorenzo López de quen destacan no fallo do xurado as súas aportacións para a creación dunha linguaxe xurídica galega. O terceiro dos galardoados é  o Concello de Burela polo modelo de divulgación do galego desenvolvido nas escolas deste concello no que se asenta unha importante comunidade africana. Dende o Instituto Perdouro, Mª Xosé Andión falaba nos micrófonos de radiofusión sobre a política linguïstica desenvolvida no centro así como noutros ámbitos da sociedade que permitiu incrementar notablemente o uso do galego que segundo os cálculos municipais é empregado polo 81% da poboación No transcurso do acto, que comezará ás 20:00 horas homenaxearase tamén a Victorino Gutiérrez Aller, notario da vila de Lalín e autor de milleiros de protocolos notariais redactados en lingua galega.

Alberte Rodríguez Feixóo avogado
A situación é cualificada de "kafkiana"
Mª Xosé Andión IES Perdouro
Os centros educativos de Burela foron o inicio dunha política lingüística municipal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará