Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O patrón maior reclama sancións exemplares para os implicados na pesca con dinamita

RR_Noticias

Sorpresa no pósito redondelán logo do arresto na xornada de onte de Juan Sobral Rival, o armador do Ferbea, un barco con base na confraría de Cesantes. O patrón maior Clemente bastos condena sen paliativos o uso de explosivos na pesca polas prexudiciais consecuencias que provoca no medio mariño  

O arresto do armador Juan Sobral Rivas de 51 anos de idade e armador do Ferbea, barco con base na Confraría de Cesantes na xornada de onte colleu con sorpresa aos responsables do pósito, onde traballan un total de 18 embarcacións dedicadas á pesca de certo. Así o explicaba o patrón maior de Cesantes, Clemente Bastos quen asegurou que dende a confraría se condena de xeito unánime este tipo de prácticas que prexudican gravemente o ecosistema e pediu unha “sanción exemplar e severa” para os procesados. Con todo si puntualizou que as sancións deberían ser proporcionais ao delicto cometido Bastos aseguraba que a detención lles “colleu por sorpresa” xa que no pósito daban por erradicada a práctica de empregar explosivos na pesca polas nefastas consecuencias que provoca no medio mariño. Con todo insistía en que a pesar das detencións realizadas pola garda Civil e a importante investigacións policial e xurídica que levou polo de agora a procesar a un total de 13 persoas, esta práctica ilegal só a realizan “unha parte moi minoritaria” de toda a flota. A detención onte de Sobral Rivas dentro da operación Avó amplía a outros portos a rede de pesca con explosivos que ata o de agora se reducía a Vigo e Portonovo. Ademais a investigación continúa aberta polo que non se desbotan novas detencións, aínda que gran parte das pescudas céntranse agora en coñecer cómo a dinamita chegaba a mans dos procesados. As investigación policiais e xudiciais apuntan a unha posible vía marítima para a introducción  do explosivo na comunidade galega. Consistiría en trasladar en barco a dinamita dende algún punto de Portugal para facer un transbordo en alta mar, posiblemente nalgún lugar ao norte de Viana de Castelo.

Clemente Bastos patrón maior
Sorpresa na confraría
Condena unánime
Bastos pide sancións exemplares para os implicados na pesca ilegal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará