Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía local aborta dúas liortas en Avenida Mendiño e nas inmediacións da discoteca Arroba

RR_Noticias

Os feitos producíronse entre as 6:45 e as 7:45 da madrugada do domingo. Afortunadamente non hai que lamentar consecuencias graves en ningún dos dous casos que se saldaron con desperfectos nun vehículo

O primerio dos avisos producíase ás 6:45 horas da madrugada do domingo cando un veciño alertaba dunha liorta nas inmediacións da discoteca Arroba, onde un home de 40 anos veciño de Reboreda, Pelayo A.D. estaba a enfrontarse cun grupo de mozos. Cando chegou a policía local ao lugar comprobou que os implicados na liorta causaran desperfectos nun vehículo Audi A3, estacionado no lugar e propiedade dun veciño de Soutomaior que presentou a denuncia correspondente.
Tan só unha horas despois, unha patrulla da policía desprazábase nesta ocasión ata as inmediacións do local A Fragua na Avenida Mendiño, logo de que tamén se recibise unha chamada que alertaba dunha nova pelexa. Neste caso eran dous mozos, Alexandre S.L. de 21 anos e veciños de Soutomaior e Antonio R.M. de 43 anos de Vilavella. Segundo as testemuñas, a liorta iniciouse cando Antonio lle recriminou a Alexandre que estivera a romper unha botellas de vidro.
O enfrontamento cesou coa chegada da Policía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará