Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acada a segunda posición na Bandeira Concello de Muros

RR_Noticias

A prata permítelles manter tamén a segunda praza da Liga Galega de Traiñeiras. Mentres Samertolameu continúa como líder indiscutible, e só o barco redondelán e de Náutico de Vigo, que foi terceiro, conseguiron seguirlle a estela. A próxima regata será o 3 de xullo, coa Bandeira Concello de Redondela.

O Club de Remo de Chapela fíxose coa prata na segunda regata da Liga Galega de Traiñeiras disputada en Muros. Foi Samertolameu de Meira quen fixo valer o seu liderado e se fixo coa primeira posición desde os primeiros metros. Triunfaron na V Bandeira Concello de Muros, celebrada en Esteiro, e mantéñense así invictos. Os redondeláns repiten na segunda praza, e son a única embarcación, xunto con Náutico de Vigo, capaz de seguirlle o ritmo ós de Meira. Os barcos de Chapela e Vigo protagonizaron unha dura loita pola segunda praza, xa que a superioridade dos de Moaña facía inviable loitar polo triunfo. Impuxéronse con 10 segundos de vantaxe sobre os redondeláns, que se fixeron coa prata un segundo por diante do Náutico. Máis atrás quedaron Amegrove e Mecos, 4º e 5º clasificado respectivamente. A próxima regata será o 3 de xullo, coa Bandeira Concello de Redondela, proba organizada polo Club de Remo de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará