Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acada a terceira posición na primeira regata da Liga Galega en Ares

RR_Noticias

Samertolameu é o primeiro líder da Liga Galega de Traiñeiras tras gañar a Bandeira Concello de Ares na xornada de onte. Pero puxéronllo complicado os barcos de Náutico de Vigo e Chapela, que demostraron estar en moi boa forma. Xa o sábado o club de Remo de Chapela acadou o cuarto posto na Bandeira Deputación, detrás de Tirán, que foi a gañadora, Samertolameu e Amegrove.

O Club de Remo de Chapela estreouse na Liga Galega de Traiñeiras cunha terceira praza na III Bandeira Concello de Ares, unha proba que gañou Samertolameu, e na que a segunda praza foi para a tripulación do Náutico de Vigo. Os de Meira son agora o rival a bater, pero os redondeláns xa demostraron tamén que están en moi boa forma, igual que Naútico de Vigo, xa que as dúas traiñeiras entraron pegadas na liña de meta. Deste xeito a embarcación de Samertolameu é o primeiro líder da liga Galega de Traiñeiras despois da regata inaugural disputada na mañá de onte nun mar en calma aínda que cun pouco de vento. A tripulación de Meira, que na pasada tempada descendeu da liga ACT, parte como unha das favoritas para loitar polas primeiras posicións e non defraudou no seu debut. Na súa quenda, a cuarta, Samertolameu bogou con Náutico de Vigo, Chapela, Vilaxoán e Vila de Gangas. Foi unha das máis rápidas xa que case todas as traiñeiras, menos Vila de Cangas, bogaron por baixo dos 19 minutos. De feito, o tres primeiros da xeral participaron nesta cuarta e última quenda da competición.
A cuarta praza na xeral foi para Amegrove, que remou na terceira quenda xunto a Poboa, Robaleira, As Xubias e Rianxo. Cabo de Cruz, o campión do ano pasado, pero que pagou nesta primeira regata a renovación que afronta o club, tivo que conformarse coa quinta praza.
A próxima regata desta Liga galega de traiñeiras disputarase o día 20 deste mes de xuño en Muros.
Bandeira DeputaciónNa Bandeira Deputación de Pontevedra, celebrada o sábado no Grove, Chapela acadou o cuarto posto, detrás de Tirán, que foi a gañadora, Samertolameu e Amegrove. A traiñeira de Tirán demostrou a súa condición de club de ACT e impúxose sen problemas na probacelebrada en augas do porto de Meloxo, no Grove. No duelo pola vitoria Tirán tivo como principais rivais ós seus veciños de Meira, que viron como se lles escapaba o triunfo na última ciaboga. Amegrove e Chapela, en terceira e cuarta posición, entraron case xuntas. A regata tivo lugar despois de que se presentase oficialmente, nunha gala inaugural, a temporada de traiñeiras da Liga Galega, na que participan un total de 17 embarcacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará