Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reaberta a praia de Arealonga logo de desbotar Sanidade a presenza de fuel no areal

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente de Redondela retirará hoxe a bandeira vermella do areal de Arealonga logo de recibir os resultados das análises realizadas por Sanidade que desbotan a presenza de fuel na zona afectada polo vertido que Augas de Galicia atribúe á empresa Aucosa.

A decisión de reabrir as praias -pechadas hai dez días- afecta tamén ás zonas de baño de Teis. Do mesmo xeito que en Chapela a Consellería confirma que o estado de as praias de A Punta e Mende “mellorou ostensiblemente e non se observa presenza significativa de hidrocarburos”, motivo polo que Sanidade considera aptos para o baño ditos areais.
O vertido, procedente segundo as investigación realizadas polos técnicos da Xunta de Galicia da empresa conserveira Aucosa afincada en Rande, producíase no primeiro día de xuño e obrigaba ao día seguinte a izar a bandeira vermella.
Tamén se viu afectado o polígono de bateas de mexillón, un peche cautelar que a Consellería mantén á espera de que cheguen os resultados das analíticas realizadas por Intecmar.
Limpeza das praias
Dende inicios de mes un total de 16 operarios desenvolven os traballos de limpeza e mentemento das praias do concello. Unha labor que se iniciaba o pasado día 1 e que se prolongará durante toda a tempada de verán co obxectivo de que os areais presenten unha condicións óptimas que permitan o uso e disfrute dos bañistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará