Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escaso seguimento da folga entre os funcionarios do concello de Redondela

RR_Noticias

A maior parte dos traballadores da administración local en Redondela acudiron hoxe ao seu posto de traballo. O paro convocado polos sindicatos contra a rebaixa dun 5% de media no salario dos funcionarios non contou co apoio dos empregados do Concello 

O paro dos empregados públicos convocado polos sindicatos contra a baixa salarial decretada polo goberno, e que supón unha rebaixa de media dun 5%, tivo escaso seguimento na administración local. Así o confirmaban a primeira hora da mañá traballadores do Concello quen afirmaban que maioritariamente os empregados da administración local decidiron acudir ao traballo e non seguir o chamamento feito dende os sindicatos CIG, UXT e Comisións.Así o explicaba tamén o delegado sindical de UXT no concello de Redondela, Fernando Covelo, que entende que o pouco apoio á folga responde a que non existe compromiso sindical entre os traballadores. Unha situación no concello de Redondela que se repetiu noutras administracións locais. O sindicato CIG fala dun seguimento desigual do paro mentres que CCOO e UXT situación en torno ao 60% o seguimento da folga nas primeiras horas no sector público galego. Mentres dende o goberno redúcese este seguimento a tan só un 15%

Fernando Covelo UXT Redondela
O sindicalista confirmaba a escasa repercusión do paro na administración local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará