Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman a convocatoria urxente do Consello Parroquial ante o vertido de Aucosa

RR_Noticias

A Asociación de Veciños de Chapela presentou na mañá de hoxe no rexistro do concello a solicitude de celebración dun Consello parroquial extraordinario e urxente para “adoptar medidas que permitan controlar os vertidos reiterados procedentes de empresas e embarcacións”.

Segundo explica a presidenta do Colectivo, Anxeles Méndez, teñen constancia da existencia de aló menos oito vertidos procedentes da empresa conserveira Aucosa, factoría sinalada dende Augas de Galicia como responsable do vertido de fuel que dende o pasado mércores mantén pechadas ao baño as praias de Teis e Chapela así como o polígono de bateas próximo á zona. A asociación solicita ademais que se permita a asistencia ao Consello de un represéntate da Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, para que presente a documentación da que dispoñen sobre este tipo de vertidos No mesmo consello, os veciños reclamarán unha vez máis que se mellore a limpeza nos areais, xa que segundo denuncian a praia de Arealonga está chea de “cascallos, vidros e louza”. O pasado sábado realizaron unha xornada de limpeza e retiraron en tan só uns minutos “máis de 100 quilos de lixo”. Anuncian que realizaran este tipo de xornadas protesta de xeito quincenal mentres non se realice a limpeza de forma efectiva dende o Concello Peche das bateas As praias de Arealonga e Teis así como o polígono de bateas continuará pechado á espera de novas análises. Así  o confirmou a Conselleira do Mar, Rosa Quíntana, quen explicou que o peche cautelar do polígono de 42 bateas próximo á zona do vertido de carburante procedente da empresa conserveira Aucosa continuará aló menos ata o xoves á espera de coñecerse os resultados analíticos das mostras recollidas.

Anxeles Méndez AVV Chapela
Vertidos reiterados
LImpeza das praias
O colectivo denuncia que o areal de Arealonga está cheo de vidros louza e cascallos
Rosa Quintana Conselleira
A resposanble da Consellerái do Mar adianta que o polígono de bateas non se abrirá antes do xoves

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará