Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home de 50 anos de idade que desfixo varias alfombras florais na rúa Alfonso XII

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar a última hora de onte polo que as alfombras puideron ser confeccionadas novamente. O home foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade logo de tentar agredir aos axentes

Axentes da Policía Nacional de Redondela detiveron de madrugada a E.O.C.A., de cincuenta anos de idade e de nacionalidade ecuatoriana como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia.
Os feitos tiveron lugar a última hora de onte na rúa Alfonso XII logo de que varias chamadas alertaran sobre un individuo que estaba a desfacer as alfombras florais que se realizaban na rúa. Axentes da policía acudiron ao lugar e trataron de identificar a este individuo quen se negou reiteradamente insultando e ameazando aos axentes, aos que empurrou e tentou golpear, polo que os policías procederon á súa detención e traslado á comisaría.
O detido carece de antecedentes policiais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará