Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As praias de Areaonga e Cabanas pechadas ao baño por un vertido de combustible

RR_Noticias

Técnicos de Augas de Galicia procederán hoxe a realizar una inspección nas empresas de la zona, aínda que non se desbota que o fuel proceda dun vertido dende o mar, dalgunha embarcación. O vertido contaminante obrigou a pechar as praias de Chapela e Rande así como os areais de Mende e A Punta en Teis

O vertido que na mañá do martes se detectaba preto do litoral de Rande e Chapela obrigou finalmente a pechar os areais de Arealonga e Cabanas en Redondela así como as praias de Mende e A Punta en Teis. A decisión adoptábase a media tarde de onte logo de que se detectase a chagada de pequenas “gallegas” de chapapote.
Axentes de Protección Civil e da Policía Local desprazábanse na tarde de onte a ambos os dous areais afectados en Redondela para informar aos bañistas de que debían retirarse da auga  que presentaba manchas de combustible.
Dáse a circunstancia de que a praia de Arealonga levaba xa unha semana coa bandeira vermella logo de que as últimas analíticas da auga desaconsellaran o baño na praia. Segundo información de Protección Civil estábase á espera de recibir os resultados de novas análises para determinar si continuaba a prohibición, que polo de agora vaise manter logo deste vertido que obrigou a izar tamén a bandeira vermella en Cabanas.
Pola súa banda, técnicos de Augas de Galicia anunciou que hoxe continuará coa inspección directa das empresas radicadas na franxa litoral comprendida entre Teis e Cesantes aínda que este organismo, segundo un comunicado non desbotan que o vertido pondera terse producido dende o mar, procedente de algunha embarcación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará