Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Penlas recuperan as danzas do século XVII

RR_Noticias

O etnógrafo Clodio González Pérez será o encargo de ler o pregón ás 21:00 horas e a continuación terá lugar o acto de relevo das penlas. Unha xornada na que arrancan as celebración cunha longa noite por diante, xa que de madrugada se elaborarán as tradicionais alfombras florais  

O relevo das Penlas e a lectura do pregón serán os actos principias na xornada de inicio das festas da Coca. O etnógrafo, mestre e historiador Clodio González Pérez será o encargado de ler o pregón ás 21:00 horas dende o balcón da Casa Consistorial e a continuación celebrarase o acto de relevo das penlas. Margot Araujo, unhas das maiores coñecedoras desta  tradición e responsable da recuperación dos traxes que durante a idade media en séculos pasados lucían as Penlas en base ao traballo de José Manuel Martínez Crespo adiantábanos que esta ano como novidade poderase ver a danza que estas nenas bailaban no século XVII Xa pola noite, o protagonismo recaerá nas persoas encargadas da elaboración de alfombras florais. Mulleres que levan semanas traballando na recolección e tratamento das flores e plantas que se empregarán en engalanar as rúas do centro da vila e tamén do casco vello coa axuda inestimable dos máis pequenos que tamén se suman ao traballo. Os motivos relixiosos e etnográficos centrarán as imaxes que se poderán ver na rúa central e polas que mañá discorrerá a procesión. O grande da festa, o Xoves do Corpus festivo local, vivirá o seu momento álxido as doce do mediodía co inicio da procesión dende a Igrexa de Santiago. Os devotos percorrerán as rúa ataviadas con alfombras florais ata chagar á praza da constitución onde terá lugar a tradicional Danza das espadas. En canto ás actividades festivas a verbena de hoxe estará amenizada pola Orquestra Los Satélites mentres que mañá serán Los Players os encargados de animar a velada nocturna a partir das 22:00 horas.

Margot Araujo relevo das Penlas
Falábanos do acto de hoxe
Danza das espadas
Os danzantes aconsellan prestar especial atención a coreorafía
Alfombras florais
O longo traballo dos últimos días e semanas culmina na xornada de hoxe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará