Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Descoñécese a procedencia do vertido que onte se localizaba nas inmediacións de Chapela

RR_Noticias

Unha mancha de combustible, posiblemente gasóleo, foi detectada na mañá de onte nas inmediación do litoral de Chapela e Rande. O vertido contaminante non chegou afectar aos areais do Concello

Efectivos da garda civil e salvamento marítimo mobilizáronse onte ante a aparición dunha mancha de gasóleo, de 300 metros de extensión nas inmediacións do litoral de Chapela e Rande. Eran as 10:30 horas cando o servizo de Salvamento Marítimo foi alertado da existencia da mancha “longa pero estreita”, que parecía ser de algún tipo de combustible, posiblemente gasóleo. Os axentes da garda Civil iniciaron unha investigación para tentar averiguar o lugar de procedencia do vertido e recoller mostras para analizar a súa composición.
Desprazouse ademais ao lugar a embarcación Corvo Mariño e a lancha Salvamar Mirach de Salvamento Marítimo e optouse pola dispersión mecánica, que consiste en pasar a embarcación por riba do vertido para dispersas o combustible e disolvelo con movemento.
Dende o departamento de Medio Ambiente de Redondela realizouse tamén un informe que inclúe fotografías e testemuñas dos veciños.
Polo de agora descoñecese a procedencia do vertido e a estas horas continúan as labores para evitar que a mancha chegue aos areais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará