Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior garante a calidade das augas nas zonas de baño

RR_Noticias

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asegura que todas as zonas de baño do municipio atópanse en perfecto estado para o baño. O rexedor responde así á solicitude do grupo do BNG, que recentemente reclamou que se habilitasen as praias ante a chegada da temporada estival.

Os areais e as augas das zonas de baño no municipio de Soutomaior están en perfectas condicións. O rexedor, Agustín Reguera, explicou que todas as praias do municipio, tanto as marítimas como as fluviais, están controladas por unha empresa que realiza periodicamente análises para comprobar o estado da auga, polo que dispoñen de todas as garantías sanitarias. Neste sentido o rexedor indica que os veciños de Soutomaior poden dispoñer do bo servizo e funcionamento das praias durante a tempada de verán”.
Respecto ao funcionamento da depuradora de augas residuais, Reguera afirma que a Consellería de Medio Ambiente, a través do organismo Augas de Galicia, garante o funcionamento correcto da planta, de acordo coa súa capacidade e tipoloxía de tratamento. Neste sentido, destaca que Augas de Galicia realiza “un control analítico mensual” da vertedura da depuradora. Ademais, os rendementos do sistema de desinfección “son os adecuados”, cunha taxa de eliminación de organismos microbiolóxicos superior en case todos os casos ao 95 por cento. Con todo a asociación de pescadores e naseiros de Arcade seguen a denunciar vertidos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará