Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón será unha sede cultural con programa propio

RR_Noticias

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anunciou onte que esta mesma semana a Xunta presentará o plan de usos da illa de San Simón para convertela nun centro cultural. Esta será, segundo o conselleiro, a mellor maneira de honrar ás vítimas do franquismo.

Desde a Xunta contestaban así a unha pregunta do BNG sobre as actuacións previstas e en execución, por parte da Xunta, para apoiar a investigación dos crimes acontecidos en Galicia durante a ditadura. O conselleiro recalcou que a illa de San Simón, como enclave emblemático, configurarase como un centro cultural de referencia. Tamén aludiu á prórroga do convenio de colaboración co tres universidades galegas sobre o impacto do franquismo en Galicia e ao apoio ao proxecto “Nomes e voces” mediante a difusión do seu labor en Internet, e garantiu que a Xunta xamais esquecerá ás vítimas. A deputada nacionalista Ana Pontón, autora da pregunta parlamentaria, non quedou satisfeita coas explicacións do conselleiro e acusou á Xunta de renunciar a seguir sufragando a exhumación das vítimas e a participar no proceso de localización de fosas. Pontón, ao comezo da súa intervención, fixo lectura dunha carta de Víctor Casas, unha das vítimas do franquismo en Galicia, antes de ser fusilado. A deputada acusou ao PP de tentar pechar a investigación da memoria histórica e aludiu ao recorte ou retirada total das axudas a determinadas asociacións, e puxo como exemplo os procesos abertos noutros países, como Arxentina, na investigación da ditadura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará