Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cantigas de amigo na Illa de San Simón

RR_Noticias

As cantigas de amigo galego-portuguesas protagonizarán un exclusivo concerto na Illa de San Simón que terá lugar este venres e no que actuarán Socorro Lira, Margareth Menezes, Joao Afonso, Teresa Paiva, Eneida Marta e Uxía. A Fundación Illa de San Simón ven de sasinar un convenio para desenvolver un programa de actividades en colaboración co Foro iberoamericano.

O concerto do venres serve para presentar un libro disco que leva pro título “Cores do Atlántico” e que colle como referente as cantigas de amigo da tradición medieval para darlles un toque contemporáneo tras pasalas pola música da cantautora brasileira Socorro Lira, polas ilustracións do artista lucense Quique Bordell e mais polas novidosas achegas teóricas da especialista holandesa en literatura medieval, Ria Lemaire. Ademais do concerto tamén o venres na ermida da Illa poderá verse a exposición coas láminas de Quique Bordell, presentes no libro. O contido desta mostra tamén poderá ser visualizado a través de Internet no enderezo www.coresdoatlántico.com, xa que a retransmisión do evento e de todo canto se desenvolva na illa dará comezo xa a partir das sete e media da tarde. Socorro Lira, rpomotora e coordinadora musical de Cores do Atlántico fálanos do concerto en San Simón Un centro de pensamento Por outra banda, a Fundación Illa de San Simón ven de asinar un convenio co Foro Iberoamericano sobre Estratexias de Comunicación, formado por 400 expertos de 18 países para organizar actividades conxuntas encamiñadas ao fomento da reflexión e o encontro de pensadores. En base a este convenio, a Fundación encargarase de desenvolver todo tipo de actividades culturais e educativas como a organización de congresos, cursos, foros e seminarios na Illa A sinatura do convenio tivo lugar onte na Casa de Galicia de Madrid por parte do director xerente da Fundación, Francisco Javier Alonso e o presidente do Foro Iberoamericano, Rafael Alberto Pérez.

Socorro Lira coordinadora de Cores do Atlántico
A cantante fala do concerto en San Simón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará