Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman a eliminación de barreiras arquitectónicas no municipio

RR_Noticias

O PP critica que se investiran 5 millóns de euros en obras sen que se mellorase na creación de itinerarios accesibles para as persoas con minusvalías. Reclaman que se amplíen as prazas de aparcamentos e que se rehabiliten as beirarrúas

Francisca Canal volverá a presentar outra moción esixindo que se asigne unha partida orzamentaria para a eliminación de barreiras arquitectónicas, co obxectivo de que as persoas con minusvalía poidan acceder e desprazarse libremente sen obstáculos nas rúas, prazas ou edificios Afirman que logo de investir máis de 5 millóns de euros en obras a día de hoxe “a situación non cambiou, incluso empeorou ” motivo polo que reclamaran ao pleno do concello que asigne unha partida orzamentaria para eliminar os obstáculos, facendo accesible todos os lugares públicos á aquelas persoas que presentan minusválidas. A falta de mobilidade é un problema moi grave con repercusións en moitas facetas dunha persoa, pois implica non poder desprazarse para facer as actividades básicas da vida diaria e de lecer. Lembran que “non é suficiente con adaptar a casa da persoa discapacitada, senón que é imprescindible que todos os edificios, públicos e privados, teñan fácil acceso, as beirarrúas teñan os rebaixes pertinentes e os pavimentos sexan antideslizantes, entre outras cuestións”. Por todo isto, dende o PP propoñen que se inicie unha adaptación das rúas creando itinerarios accesibles e denuncian que ata o de agora “o que se fixo foi crear máis obstáculos dos xa existentes colocando unha serie de ornamentos que dificultan a mobilidade; que se amplíen as prazas de aparcamento e que exista un itinerario peonil accesible e sinalizado que comunique a vía pública coas prazas reservadas e que se rehabiliten as beirarrúas do municipio de maneira que todas teñan os rebaixes axeitados e os pavimentos sexan antideslizantes.

Franscisca Canal. voceira PP
Reclaman investimentos para eliminar barreiras arquitectónicas
Peches de rúas
Solicitan accesos axeitados para os vehículos de emerxencia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará