Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación financiará unha pista de Skate no peirao de Soutomaior

RR_Noticias

O organismo provincial aportará 68.000 euros para construír esta infraestrutura que terá unha cancha de 19 metros de largo por 14 de ancho. A zona de saltos terá unha altura máxima de 1’8 metros.

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na súa xunta de goberno a concesión de 68.841 euros ó Concello de Soutomaior para construir unha pista de <skate> no Peirao. A obra será con cargo ó Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra (PID).
A pista de <skate> que se construirá en Soutomaior terá unha cancha de 19 metros de largo por 14 de ancho, cunha rampa de 1,8 metros na parte baixa e 2,1 na zona máis alta. A súa estructura será a base de contrachapado de madeira de faia e sarrafos tratados en autoclave. A zona de saltos terá 1,4 metros de altura na zona curva e 1,8 na máis plana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará