Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela é un dos concellos denunciados por Bruxelas por mal saneamento das augas

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente asegura que os problemas na EDAR aos que se refire o expediente aberto pola Comisión Europea foron solucionados co investimento de 1’3 millóns de euros e lembra que a día de hoxe “a normativa cúmprese estritamente tal e como acreditan as auditorías”

As obras realizadas na EDAR de Redondela non impiden que o noso concello se atope entre os once municipios que a Comisión Europea ten previsto denunciar ante o tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprir, dende hai unha década, a directiva que obriga a garantir o saneamento integral, mediante sistemas de colectores e estacións de tratamento que impidan o vertido de augas residuais contaminadas ao mar, rías ou ríos. A concellería de Medio Ambiente entende que “non ha lugar a esta denuncia” xa que o Concello cumpre “estritamente a normativa tal e como o acreditan as auditorías periódicas que realiza a Xunta”. Lembra o responsable deste departamento Carlos Pazos que o pasado ano remataron unhas obras de mellora na depuradora cun investimento por valos de 1.300.000 euros pro parte da Xunta que permitiron solucionar as deficiencias que a instalación presentaba con anterioridade. Entende que o proceso quedará arquivado unha vez se traslade ás autoridades europeas toda a documentación que acredita que Redondela está a cumprir a directiva comunitaria. O expediente da Comisión Europea inclúe a 38 núcleos de toda España, e afecta en Galicia a Santiago, ás dúas grandes  cidades, Vigo e Pontevedra, así como a Baiona, Tui, Noia, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Viveiro e Redondela.

Carlos Pazos edil de Medio Ambiente
Entenden que o proceso aberto quedará resolto en canto se envíe a información á Comisión Europea
Deficiencias solucionadas
O concelleiro lembra que se realizou un investimento de 1 millóns de euros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará